Skip to main content

O catedrático Ángel Luis Hueso profunda na relación entre Valle Inclán e o cinema

A conferencia impartirase este mércores, día 15, ás 19:30 horas na Fundación Eugenio Granell

O catedrático da Universidade de Santiago Ángel Luís Hueso impartirá este mércores, día 15, ás 19:30 horas na sede da Fundación Eugenio Granell a conferencia ‘Valle Inclán e o cinema: dúas formas artísticas’. A charla enmárcase dentro do Ciclo de Actividades Valle Inclán en Compostela que organiza a Fundación coa colaboración da Cátedra Valle Inclán da USC, a Facultade de Filosofía e o Museo Valle Inclán da Pobra do Caramiñal.
No relatorio, Hueso profundará na adaptación de obras literarias ao medio cinematográfico, realidade que ten suscitado numerosas discusións e interpretacións diversas. No caso concreto do escritor galego, esta situación ten revestido especial importancia. Ademais, o profesor universitario reflexionará sobre as dúas formas artísticas, cinema e literatura, e analizará as condicións sociais nas que foron realizados os filmes sobre as obras de Valle Inclán.

The contents of this page were updated on 10.14.2008.