Skip to main content

O Consello Social da USC reúnese este martes

O Consello Social da USC reúnese este martes

O Consello Social da USC reúnese este martes 10 no Salón de Plenos da Casa da Concha (r/ da Conga, 1) a partir das 17:00 horas para tratar, entre outros asuntos, o informe sobre a actividade investigadora da USC e a elección dos seus representantes na Fundación USC-Deportiva, no Consello de Goberno, no Consello de Administración da Sociedade Xestora de Intereses e na Comisión de Mecenado e Colaboración.
A orde do día desta reunión inclúe ademais a aprobación dos prezos públicos da Escola Infantil Breogán para o vindeiro curso, de aloxamento no SUR, tanto para o curso 2008-2009 como para este verán e para visitantes e congresistas, as taxas de cursos de posgrao propios, o informe sobre o traballo realizado polo Servizo de Control Interno durante 2007 ou a modificación de plans de estudo de varios POP.
As modalidades de ocupación e tarifas do edificio Nexus, a aprobación de transferencias de crédito, contratos de cesión do coñecemento e participación da USC en empresas, ou a información sobre convenios da Universidade, completarán a relación de puntos a tratar nesta xuntanza.

The contents of this page were updated on 07.22.2022.