Skip to main content

A Área de Cultura ofrece en Lugo un curso de fotografía social e de rúa impartido por Loopez e Pallón

Unha vista da muralla de Lugo coa catedral ao fondo
Unha vista da muralla de Lugo coa catedral ao fondo
As sesións formativas deste programa desenvolveranse do 19 de febreiro ao 30 de abril. A inscrición está aberta nas oficinas de Cultura da Vicerreitoría de Lugo
Lugo

A Área de Cultura da USC ofrece no Campus de Lugo unha nova edición do curso de fotografía social e de rúa impartida por Marcos Loopez e Adra Pallón. As sesións formativas deste programa cultural, que está estruturado en 25 horas de duración, desenvolveranse desde o 19 de febreiro ata o 30 de abril de 2021 de xeito presencial ou, de non ser posible, de forma telemática. A inscrición permanece aberta nas oficinas de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación de Lugo.

Baixo a premisa de “a facer fotos apréndese... facendo fotos”, Loopez e Pallón presentará ao alumnado participantes os coñecementos teóricos imprescindibles para logo practicar a fotografía na rúa. Inspirándose nos grandes fotógrafos e fotógrafas de rúa e sociais da historia, a metodoloxía do curso impartido por Loopez e Pallón contempla a visualización de cartafois, fotolibros e vídeos sobre fotografía.

As distintas sesións formativas desenvolveranse en quenda de tarde no auditorio da Casa do Saber de Lugo, escenario no que Loopez e Pallón afondarán sobre conceptos básicos e prácticos sobre ISO, diafragma, profundidade de campo, velocidade de obturación, exposición, enfoque, modos de medición manuais e con opción automáticas, composición…

The contents of this page were updated on 01.20.2021.