Fondo pesar na USC polo pasamento do profesor José Joaquín Vidal Portabales
A USC manifesta o seu fondo pesar polo pasamento do profesor da Área de Dereito do Traballo Joaquín Vidal Portabales e súmase á dor da súa familia e amizades. Finado este martes, formaba parte do equipo directivo da Facultade de Relacións Laborais de Santiago á que estivo vinculado dende mediados dos anos 80 como profesor da Escola de Graduados Sociais, posteriormente da Escola de Relacións Laborais e, por último, coa actual facultade.
José Joaquín Vidal Portabales era especialista en Saúde e hixiene laboral e prevención de riscos laborais. Foi membro do Claustro Universitario e do comité de Prevención de riscos, entre outras responsabilidade. Dende o decanato da Facultade de Relacións Laborais destacan a súa dimensión académica e persoal, “deixa unha fonda pegada tanto entre os seus compañeiros como entre o estudantado, pola súa responsabilidade, entrega e dedicación á docencia e á propia USC. Botarémoste en falta”.