Skip to main content

Xornada conmemorativa do Día Mundial da Xustiza Social

Xornada "Xustiza social e emprego"

02.19.2021

Cartaz do acto
Cartaz do acto

En Novembro de 2007, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 20 de Febreiro como o Día Mundial da Xustiza Social.

A celebración do Día Mundial da Xustiza Social busca apoiar o labor da comunidade internacional encamiñada a erradicar a pobreza e promover o emprego pleno e o traballo decente, a igualdade entre os sexos, e o acceso ao benestar social e a xustiza social para todos/as.  

Desde a Rede TIL |Rede de Técnicas de Inserción Laboral de Lugo| entendemos que os axentes de emprego, as administracións e o conxunto da sociedade, debemos velar por garantir resultados equitativos para todos e todas, a través do emprego, a protección social, o diálogo social e os principios e dereitos fundamentais no traballo. 

Neste labor de compromiso, a Rede TIL nos últimos anos vén conmemorando o Día Mundial da Xustiza Social coa celebración de diferentes actos.  E como non podería ser de outro xeito, en 2021 contamos cunha xornada que baixo o nome “Xustiza Social e Emprego: Emprego e Economía mergullada en tempos de Covid” foi posible seguir en liña, e na que da man das diferentes relatoras describiuse o novo panorama socioeconómico que está a deixar a Covid na nosa sociedade.  

Relatoras

  • Zinthia Álvarez Palomino. Programa de Promoción e Formación do voluntariado autonómico en Accem
  • Raquel Lombao Fernández. Psicóloga Sanitaria e Forense
  • Begoña Sánchez Roura. Traballadora social no Concello de Bóveda. Profesora asociada de traballo social na UVIGO. Militante da HOAC. Membro de ITD
  • Teresa Rodríguez Vilaseco. Voceira Asociación de Empregadas de Fogar XIARA

Organiza

Rede TIL: Rede de Técnicas de Inserción Laboral de Lugo

Colabora

Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo

Xornada Xustiza Social e Emprego
The contents of this page were updated on 02.02.2022.