![Co-financiado pola UE](/sites/default/files/styles/narrow_banner_xl/public/service_program/2024-06/EN%20Co-funded%20by%20the%20EU_POS2_23.jpg?h=9545469a&itok=8jJaUaIs)
Estadías para o persoal docente da USC en institucións coas que existe acordo no marco da Acción Chave 171 do programa Erasmus+
O obxectivo da presente convocatoria é facilitar as estadías de persoal docente da USC en institucións de educación superior coas que a USC estableceu acordos de mobilidade bilateral no marco do programa Erasmus+ KA171 e financiar a mobilidade dunha semana de docencia e/ou de formación.
A duración desta actividade será dun mínimo de 5 días de traballo e dun máximo de 2 meses, se ben só se financiarán 5 días de traballo e ata 2 días de viaxe.
Enderezo electrónico de contacto: erasmus.ka107 [at] usc.gal