Skip to main content

O VII Campus Científico de Verán XuvenCiencia clausúrase este venres 5 de xullo ás 18.00h no Auditorio de Veterinaria

O VII Campus Científico de Verán XuvenCiencia clausúrase este venres 5 de xullo ás 18.00h no Auditorio de Veterinaria
O VII Campus Científico de Verán XuvenCiencia clausúrase este venres 5 de xullo ás 18.00h no Auditorio de Veterinaria
O Auditorio da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo acolle este venres 5 de xullo, a partir das 18.00h, o acto de clausura do VII Campus Científico de Verán XuvenCiencia, o cal estará presidido...
Lugo

O Auditorio da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo acolle este venres 5 de xullo, a partir das 18.00h, o acto de clausura do VII Campus Científico de Verán XuvenCiencia, o cal estará presidido pola vicerreitora de Coordinación, Montserrat Valcárcel.

 

Os profesores da USC Javier López, coordinador do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, e Marta López Alonso, en representación do colectivo Proxéctate en Galego; o técnico do estudio e-Terra do campus de Lugo, David Vázquez Fraga; Carlota López, en representación da empresa patrocinadora ARESA; e a coordinadora de XuvenCiencia, Mercedes Novo, entregarán os diplomas aos 150 mozos e mozas participantes.

 

A clausura tamén servirá para facer entrega dos premios Aresa Junior e Proxéctate en Galego aos mellores vídeos elaborados polo alumnado. O Premio Aresa Junior promove o interese dos rapaces/as pola ciencia e a tecnoloxía, ademais de premiar as habilidades creativas, artísticas e de comunicación. Pola súa parte, o premio Proxéctate en Galego busca promover o uso do galego como lingua de traballo e comunicación, alén de premiar a capacidade de transmitir información de forma novidosa, creativa e axeitada desde o punto de vista lingüístico.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.