Skip to main content

BioReDes impulsa catorce proxectos de investigación centrados na alimentación segura e na produción forestal, agricultura e saúde animal sostibles

BioReDes impulsa catorce proxectos de investigación centrados na alimentación segura e na produción forestal, agricultura e saúde animal sostibles
BioReDes impulsa catorce proxectos de investigación centrados na alimentación segura e na produción forestal, agricultura e saúde animal sostibles
A Executiva da Agrupación Estratéxica de Investigación do Campus Terra BioReDes vén de aprobar a resolución da convocatoria interna de proxectos formulada polo grupo de traballo liderado polo...
Lugo

A Executiva da Agrupación Estratéxica de Investigación do Campus Terra BioReDes vén de aprobar a resolución da convocatoria interna de proxectos formulada polo grupo de traballo liderado polo profesor Dr. Roque Rodríguez Soalleiro, que redundou no financiamento total ou parcial de 14 proxectos colaborativos que se executarán entre dous ou máis grupos da devandita agrupación e que inclúen tamén outros grupos que traballan na contorna de BioReDes. O proceso supuxo a presentación das devanditas propostas tras varias reunións nas que se presentaron as liñas de investigación e áreas de colaboración dos 16 grupos integrados en BioReDes.

 

As propostas foron avaliadas externamente por un total de 26 avaliadores pertencentes a Centros de investigación do CSIC, institucións de investigación autonómicas ou centros e universidades internacionais (Reino Unido, Brasil e Arxentina). Entre eles atópanse: The Roslin Institute (Universidade de Edimburgo), Instituto de Acuicultura Torre de la Sal, Universidade Federal de São Carlo, CONICET-Arxentina, INIA de Madrid, Universidad de Huelva, Universidad de León, Universitat Autònoma de Barcelona, Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, SERIDA- Principado de Asturias, Universidad Politécnica de Madrid, Universidade de Vigo, Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, CIF Lourizán ou a propia USC. Todas as propostas presentadas foron aprobadas polos revisores con distintas cualificacións, e a esta avaliación sumouse a baseada en criterios internos da agrupación como o aliñamento cos eixos da mesma ou o grao de colaboración dos proxectos presentados, entre outras. A relación de proxectos é a seguinte:

 

Título: "Exploración de novas estratexias para a mellora da seguridade alimentaria da carne de ave: aplicación de procesos de inhibición de Quorum Sensing para o control de cepas de Klebsiella pneumoniae".

Investigadores/as principais: Azucena Mora y Ana M. Otero

Grupos implicados: LREC, Aquabiotech.

Aliñamento con eixos de BioReDes: Produción e saúde animal sostibles/ Alimentación segura.

 

Título: "Deciphering the pan-genome of the emergent pathogen Vibrio europaeus. A genomic and functional approach to prevent outbreaks of diseases in shellfish hatcheries”.

Investigadores/as principais: Javier Dubert

Grupos implicados: GIPA, ACUIGEN

Aliñamento con eixos de BioReDes: Produción e saúde animal sostibles/ Alimentación segura.

 

Título: "O peixe cebra como plataforma in vivo para o estudo de desórdenes intestinais”.

Investigadores/as principais: Roberto Bermúdez

Grupos implicados: GAPAVET, IMEDA, LHICA, QUÍMICA-BIOFÍSICA

Aliñamento con eixos de BioReDes: Produción e saúde animal sostibles/ Alimentación segura.

 

Título: "O esqueleto do peixe cebra como modelo biomédico e de saúde e benestar na acuicultura”.

Investigadores/as principais: Ana P. Losada

Grupos implicados: GAPAVET, IMEDA, QUÍMICA-BIOFÍSICA, CIRURXÍA EXPERIMENTAL, ACUIGEN

Aliñamento con eixos de BioReDes: Produción e saúde animal sostibles/ Alimentación segura.

 

Título: "Estudo do mecanismo molecular de regulación da motilidade espermática no mexillón”.

Investigadores/as principais: José A. Villamarín

Grupos implicados: GI-1201, GAPAVET, REPRODUCCIÓN ANIMAL

Aliñamento con eixos de BioReDes: Produción e saúde animal sostibles/ Alimentación segura.

 

Título: "Expresión xénica no órgano vomeronasal do coello en distintas etapas da maduración sexual: aplicacións en cunicultura”.

Investigadores/as principais: Pablo Sánchez

Grupos implicados: MORFAN, ACUIGEN, REPRODUCCIÓN ANIMAL, GI-1201

Aliñamento con eixos de BioReDes: Produción e saúde animal sostibles/ Alimentación segura.

 

Título: "Dende a produción á panificación do Trigo Galego Caaveiro en cultivo ecolóxico vs. convencional."

Investigadores/as principais: María A. Romero

Grupos implicados: ASAVNDNA, AGRONOMIA, CTLEITE, GALABRA, BIBICL, PROEPLA, MORFAN, ECOAGRASOC

Aliñamento con eixos de BioReDes: Produción vexetal e agricultura sostibles/ Alimentación  segura.

 

Título: "Optimización da produción de Fariña en sangue en condicións de vacío e utilización da mesma como fertilizante ecolóxico”.

Investigadores/as principais: José M. Magide

Grupos implicados: AGRONOMIA, BIOMODEM

Aliñamento con eixos de BioReDes: Produción vexetal e agricultura sostibles / Produción  e  saúde animal sostibles

 

Título: "Correlación dixital de imaxes en ensaios de caracterización mecánica de madeira e de pavimentos a base de solo estabilizado con residuos agroindustriales”.

Investigadores/as principais: Juan P. Ortiz

Grupos implicados: CIGEO, UXFS

Aliñamento con eixos de BioReDes: Produción vexetal e agricultura sostibles / Produción  e  saúde animal sostibles

 

Título: "Indicadores de sostibilidade edáfica e xestión de fertilidade”.

Investigadores/as principais: Rosa Mosquera

Grupos implicados: SILVOPAST, LHICA

Aliñamento con eixos de BioReDes: Produción vexetal e agricultura sostibles

 

Título: "Criterios de diagnóstico de produción animal e alimentación”.

Investigadores/as principais: Nuria Ferreiro e Marta Miranda

Grupos implicados: SILVOPAST, IMEDA

Aliñamento con eixos de BioReDes: Produción vexetal e agricultura  sostibles / Produción  e  saúde  animal  sostibles

 

Título: "Análise in vivo e in vitro da resistencia a nivel xema ao ataque da avespiña do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus (Yasumatsu)”.

Investigadores/as principais: Juan Fernández

Grupos implicados: SILVOPAST, UXFS

Aliñamento con eixos de BioReDes: Produción vexetal e agricultura sostibles / Produción forestal sostible

 

Título: "Estudio preliminar de virus emerxentes en peces e visóns mediante metaxenómica

Investigadores/as principais: Carlos M. Franco

Grupos implicados: LHICA, GIPA, INVESAGA

Aliñamento con eixos de BioReDes: Produción e saúde animal sostibles

 

Título: "Aproveitamentos forestais intelixentes para unha xestión forestal de precisión”.

Investigadores/as principais: Carlos Amiama

Grupos implicados: BIOMODEM, UXFS

Aliñamento con eixos de BioReDes: Produción forestal sostible

The contents of this page were updated on 02.25.2022.