Skip to main content

A Casa do Saber acolle o 1 de xullo a xornada 'Poñemos o pan sobre a mesa?'

A Casa do Saber acolle o 1 de xullo a xornada 'Poñemos o pan sobre a mesa?'
A Casa do Saber acolle o 1 de xullo a xornada 'Poñemos o pan sobre a mesa?'
A Cátedra do Pan e do Cereal Da Cunha, a primeira adscrita ao Campus Terra da USC, acolle o vindeiro 1 de xullo a xornada 'Poñemos o pan sobre a mesa?' que terá lugar na Casa do Saber a partir das...
Lugo

A Cátedra do Pan e do Cereal Da Cunha, a primeira adscrita ao Campus Terra da USC, acolle o vindeiro 1 de xullo a xornada 'Poñemos o pan sobre a mesa?' que terá lugar na Casa do Saber a partir das 16.00h.

 

Tralo acto presidido pola vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, e no que tamén estará presente o gran promotor desta cátedra institucional, Manuel Da Cunha Pereira, a catedrática da USC e directora da cátedra Ángeles Romero pronunciará o relatorio 'E para comezar... que é o pan?'. A continuación, distintos relatores abordarán o pan dende diferentes enfoques. Preme nesta ligazón para acceder ao programa completo da xornada.

 

Para formalizar a inscrición de balde debe mandarse un mail co nome e apelidos a catedradopanedocereal [at] usc.es (catedradopanedocereal[at]usc[dot]es).

The contents of this page were updated on 02.25.2022.