Skip to main content

Os Xantares Biocientíficos de BioReDes abordarán a contribución da xenética no declive e recuperación do lince ibérico

Os Xantares Biocientíficos de BioReDes abordarán a contribución da xenética no declive e recuperación do lince ibérico
Os Xantares Biocientíficos de BioReDes abordarán a contribución da xenética no declive e recuperación do lince ibérico
O investigador científico da Estación Biolóxica de Doñana, José A. Godoy, disertará o venres 7 de xuño, ás 13.00h, no edificio Cactus de Lugo, sobre a contribución da xenética no declive e...
Lugo

O investigador científico da Estación Biolóxica de Doñana, José A. Godoy, disertará o venres 7 de xuño, ás 13.00h, no edificio Cactus de Lugo, sobre a contribución da xenética no declive e recuperación do lince ibérico, no marco dos ‘Xantares Biocientíficos’ que organiza a Agrupación Estratéxica de Investigación do Campus Terra da USC BioReDes.

 

O noso lince ibérico foi durante anos un dramático exemplo de especie ao bordo da extinción, converténdose nun símbolo e emblema da conservación de especies en España e Europa. Hoxe a especie vai camiño de transformase nun exemplo de recuperación con escasos precedentes no mundo. Desde hai anos vense estudando a variación xenética no lince ibérico con técnicas moleculares, incorporando recentemente as novas e poderosas aproximacións xenómicas. Con estas ferramentas avalíase até que punto o declive sufrido pola especie ten empobrecido e deteriorado o seu acervo xenético, e se isto contribuíu á súa case-extinción.

 

Tralo relatorio, Panadería Da Cunha servirá uns petiscos para favorecer un clima distendido no que intercambiar ideas e fomentar a interactuación entre o público asistente. BioReDes está aberta á recepción de suxestións sobre charlas de interese para os seus ‘Xantares Biocientíficos’, as cales poden remitirse a Iago Rodríguez, técnico de I+D da Agrupación no enderezo electrónico iago.palmeiro [at] usc.es (iago[dot]palmeiro[at]usc[dot]es). A entrada aos ‘Xantares’ é de balde ata completar aforo.

 

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.