Skip to main content

A ‘II Bioblitz Ancares-Courel’ terá lugar o 15 e 16 de xuño na Estación Científica do Courel

A ‘II Bioblitz Ancares-Courel’ terá lugar o 15 e 16 de xuño na Estación Científica do Courel
A ‘II Bioblitz Ancares-Courel’ terá lugar o 15 e 16 de xuño na Estación Científica do Courel
A Estación Científica do Courel da USC será o centro de recepción, traballo e xestión da ‘II Bioblitz Ancares-Courel’, unha prospección intensiva de biodiversidade na que participan tanto...
Lugo

A Estación Científica do Courel da USC será o centro de recepción, traballo e xestión da ‘II Bioblitz Ancares-Courel’, unha prospección intensiva de biodiversidade na que participan tanto naturalistas profesionais como afeccionados, asesorados por expertos de campo, que terá lugar o 15 e 16 de xuño.

 

Un Bioblitz é unha excelente maneira de xerar datos útiles para a ciencia e a conservación involucrando á cidadanía para conectarse coa natureza, o seu coñecemento e respecto a través dunha actividade amena e divertida. O II Bioblitz Courel complementará a primeira edición de 2018, levando a cabo durante 24 horas un inventario biolóxico  intensivo  co  fin  de  obter o maior número de identificacións e citas da flora, fauna e micobiota en varios espazos  representativos dalgúns dos hábitats emblemáticos deste territorio excepcional.

 

As inscricións poden realizarse ata o 12 de xuño no enderezo electrónico proxecto.micoloxia [at] usc.es (proxecto[dot]micoloxia[at]usc[dot]es), ou no teléfono 982823137. Consulta o programa completo do evento.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.