As 'Noites na Domus' volven este venres 3 de maio coa música de Germán Díaz
‘Noites na Domus’, iniciativa complementaria do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ e que ofrece visitas guiadas con acompañamento musical ao xacemento da Domus do Mitreo, continúa este venres 3 de...
Lugo
‘Noites na Domus’, iniciativa complementaria do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ e que ofrece visitas guiadas con acompañamento musical ao xacemento da Domus do Mitreo, continúa este venres 3 de maio coa colaboración do arqueólogo Celso R. Cao, quen será o responsable de conducir as dúas quendas de visita programadas para esa xornada.
A primeira visita será ás 21.30 horas, e a segunda, unha hora máis tarde, na que o público participante poderá gozar coa música de Germán Díaz. As persoas interesadas en participar nesta sesión do programa ‘Noite na Domus’ poderán retirar as entradas este xoves, de 9.00 a 14.00 horas, nas oficinas de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo.