Skip to main content

A EPS de Enxeñaría celebra o vindeiro 25 de abril o Día da Terra

A EPS de Enxeñaría celebra o vindeiro 25 de abril o Día da Terra
A EPS de Enxeñaría celebra o vindeiro 25 de abril o Día da Terra
A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, xunto coa Delegación de Estudantes da Escola, conmemoran a celebración do Día da Terra, o vindeiro xoves 25 de abril, cun programa ateigado de...
Lugo

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, xunto coa Delegación de Estudantes da Escola, conmemoran a celebración do Día da Terra, o vindeiro xoves 25 de abril, cun programa ateigado de actos vinculados a esta festividade e cuxa inscrición pode formalizarse, de modo gratuíto, ata as 14.00h do 23 de abril a través do teléfono 982823011, no enderezo electrónico eps.secretaria.direccion [at] usc.es (eps[dot]secretaria[dot]direccion[at]usc[dot]es) ou nas listas dispostas nas aulas, na cafetería do centro, e na Delegación de Estudantes da Escola.   

 

A proxección do documental Cambio climático, ¿qué futuro nos espera?, un mercado de produtos ecolóxicos, distintos tipos de campionatos, unha Escape Room, música ao vivo, a presentación do programa ‘Por que hai futuro: aterra no campo’ e mesmo unha cata con introducción á elaboración da cervexa conforman parte do programa de actos que a EPS de Enxeñaría desenvolve para celebrar o Día da Terra.

 

Preme nesta ligazón para consultar o programa completo da xornada.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.