Skip to main content

Gapavet organiza un curso introdutorio sobre manexo de datos espaciais e a súa análise a través do software libre

Gapavet organiza un curso introdutorio sobre manexo de datos espaciais e a súa análise a través do software libre
Gapavet organiza un curso introdutorio sobre manexo de datos espaciais e a súa análise a través do software libre
O curso de formación continua ‘Introdución ao manexo de datos espaciais e a súa análise empregando software libre’, impulsado por Gapavet (grupo de investigación en Anatomía Patolóxica Veterinaria da...
Lugo

O curso de formación continua ‘Introdución ao manexo de datos espaciais e a súa análise empregando software libre’, impulsado por Gapavet (grupo de investigación en Anatomía Patolóxica Veterinaria da USC), celebrarase na Facultade de Veterinaria de Lugo entre os días 27 e 29 de maio.

 

Este workshop serve para introducir o software libre QGIS e ensinar conceptos básicos sobre os sistemas de información xeográficos e as análises espaciais a través dunha aproximación práctica que permita visualizar, explorar e modelar este tipo de datos. Ademais, neste curso tamén se presentarán os  software SaTScan e GeoDa, os cales poden ser empregados para detectar grupos locais en puntos ou áreas de datos.

 

A preinscrición para este curso pode formalizarse, debido a que as prazas son limitadas, entre os días 15 e 30 de abril, podendo efectuarse a matrícula entre o 2 e o 15 de maio. María Forzán da Cornell University, Raphael Vanderstichel da University of Prince Edward Island, así como os docentes da USC Maribel Quiroga (coordinadora de Gapavet), Roberto Bermúdez, e Ana Losada serán os responsables de impartir este curso. Para obter máis información sobre esta actividade, pode mandarse un mail ao enderezo electrónico gapavet [at] usc.es (gapavet[at]usc[dot]es) 

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.