Skip to main content

BioReDes bota a andar este venres os seus ‘Xantares biocientíficos’ cunha charla sobre Globalización e patoloxías na produción de moluscos

BioReDes bota a andar este venres os seus ‘Xantares biocientíficos’ cunha charla sobre Globalización e patoloxías na produción de moluscos
BioReDes bota a andar este venres os seus ‘Xantares biocientíficos’ cunha charla sobre Globalización e patoloxías na produción de moluscos
A Agrupación Estratéxica de Investigación do Campus Terra da USC ‘BioReDes’ inaugura este venres 5 de abril unha nova iniciativa, denominada ‘Xantares biocientíficos’, que consistirá nunha charla de...
Lugo

A Agrupación Estratéxica de Investigación do Campus Terra da USC ‘BioReDes’ inaugura este venres 5 de abril unha nova iniciativa, denominada ‘Xantares biocientíficos’, que consistirá nunha charla de trinta minutos impartida por investigadores invitados ou da propia agrupación, presentada nun ton divulgativo, e seguida dun debate aberto que terá como colofón un  xantar lixeiro que favoreza, nun ton informal, o intercambio de ideas e as futuras colaboracións.

 

A primeira cita dos ‘Xantares Biocientíficos’ terá lugar este venres 5 de abril, ás 13:00 horas, no edificio CACTUS cunha charla titulada ‘Globalización e patoloxías na produción de moluscos: cancro contaxioso e marteiliosis’, impartida polo doutor Antonio Villalba, investigador do Centro de Investigacións Mariñas e coordinador da área de Patoloxía. A entrada é libre ata completar aforo.

 

A produción de moluscos, derivada de acuicultura e pesca, contribúe de forma crecente á alimentación humana. Como noutros casos de produción animal, algunhas enfermidades ameazan de forma dramática as explotacións marisqueiras. En Galicia, a produción marisqueira ten especial relevancia e, por iso, algunhas enfermidades de moluscos supoñen unha convulsión no ámbito socioeconómico; o caso máis recente é a marteiliosis do berberecho.

 

A investigación desenvolvida ao redor dun tipo de cancro de moluscos que lembra á leucemia conduciu a un achado sorprendente que convulsionou o mundo científico: o contaxio directo do cancro entre individuos dunha mesma especie e mesmo de especies distintas mediante o tránsito de células cancerosas liberadas á auga circundante por individuos enfermos e que se introducen en individuos sans, proliferando nestes. A evidencia de que a transmisión de cancro no medio acuático non é excepcional está a deparar novas perspectivas sobre esta enfermidade.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.