Skip to main content

BioReDes e a Rede Remedia buscan poñer freo ao cambio climático a través dos sistemas agroforestais

BioReDes e a Rede Remedia buscan poñer freo ao cambio climático a través dos sistemas agroforestais
BioReDes e a Rede Remedia buscan poñer freo ao cambio climático a través dos sistemas agroforestais
Remedia, a rede científica de mitigación dos gases de efecto invernadoiro no sector agroforestal impulsa, por primeira vez en Lugo, na EPS de Enxeñaría, o seu VII Workshop, foro de análise en torno...
Lugo

Remedia, a rede científica de mitigación dos gases de efecto invernadoiro no sector agroforestal impulsa, por primeira vez en Lugo, na EPS de Enxeñaría, o seu VII Workshop, foro de análise en torno ao papel que xogan os sistemas agroforestais na loita contra o cambio climático e que se enmarca dentro das accións executadas pola Agrupación Estratéxica de Investigación do Campus Terra da USC ‘Xestión e Produción Sostible de Biorrecursos: BioReDes’.

 

 

Na inauguración deste foro, coordinado pola catedrática da USC Rosa Mosquera, tomaron parte a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto; o director do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, Martín Barrasa; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a deputada provincial responsable da área de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo; a investigadora estadounidense Allison M. Chatrchyan, da Universidade de Cornell; e o catedrático do Departamento de Produción Vexetal da USC e coordinador do grupo de investigación Sistemas Silvopastorais, Antonio Rigueiro.

 

Valcárcel salientou na súa intervención a pertinencia da celebración deste foro ambiental na sede universitaria luguesa, un campus que avanza na súa especialización arredor dos usos, conservación e aproveitamentos da terra, o Campus Terra, e que aspira a ser referencia no eido da sustentabilidade, así como na promoción de coñecemento, I+D e pautas sociais que permitan reducir a emisión de gases.

 

O investigador da Corporación de Investigación Agrícola de Brasilia Ladislao Martín abriu a quenda de relatorios deste congreso científico, cunha intervención baixo o título ‘Avaliación de sistemas integrados de cultivos, gandería, bosques e dinámica de carbono no solo en Brasil’.

 

Consulta o programa completo do VII Workshop Remedia

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.