Skip to main content

O Cactus de Lugo acolle o mércores 27 de marzo a presentación da Business Factory Food

O Cactus de Lugo acolle o mércores 27 de marzo a presentación da Business Factory Food
O Cactus de Lugo acolle o mércores 27 de marzo a presentación da Business Factory Food
A Business Factory Food, aceleradora vertical especializada no sector alimentario, promovida pola Xunta de Galicia a través do Instituto  Galego de Promoción Económica, a Sociedade Xestora de...
Lugo

A Business Factory Food, aceleradora vertical especializada no sector alimentario, promovida pola Xunta de Galicia a través do Instituto  Galego de Promoción Económica, a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado e da Axencia  Galega de Innovación, será presentada este mércores 27 de marzo, a partir das 11:45h, no edificio Cactus de Lugo, nun acto presidido pola vicerreitora de Coordinación do campus, Montserrat Valcárcel Armesto.

 

Esta aceleradora busca solucionar retos do sector alimentario e da industria 4.0, a través de empresas en vías de constitución ou recentemente constituídas, ofrecendo para iso financiamento, infraestruturas, mentorizaxe, coaching e formación.

 

Juan Feijoo Casanova, técnico de Servizos Xerais da Area de Competitividade do IGAPE e Javier Álvarez Osuna, xerente da Business Factory Food  e membro da Área de Innovación do Clúster Alimentario de Galicia, tamén intervirán no acto para presentar a iniciativa e desenvolver o seu programa e retos de futuro.

 

A inscrición na xornada pode formalizarse de balde premendo nesta ligazón.  

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.