Skip to main content

A IV Findecurta abre o seu período de inscrición entre o 22 de marzo e o 23 de abril

A IV Findecurta abre o seu período de inscrición entre o 22 de marzo e o 23 de abril
A IV Findecurta abre o seu período de inscrición entre o 22 de marzo e o 23 de abril
O certame audiovisual para o impulso de novos creadores ‘Findecurta’, o cal chega xa á súa cuarta edición, abre o seu período de inscrición entre os días 22 de marzo e 23 de abril na Oficina de...
Lugo

O certame audiovisual para o impulso de novos creadores ‘Findecurta’, o cal chega xa á súa cuarta edición, abre o seu período de inscrición entre os días 22 de marzo e 23 de abril na Oficina de Cultura sita na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo ou a través do enderezo electrónico cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es)

 

Os participantes deberán facer unha curtametraxe seguindo as bases do certame entre os días 26 e 30 de abril. O 10 de maio celebrarase a Festa Findecurta na que se entregarán os galardóns aos traballos premiados e na que Factoría de Subsistencia presentará o seu novo disco.

 

A VI Findecurta, celebrada ao abeiro do convenio Lugo Cultural do que forman parte USC, Concello e Deputación de Lugo, outorga un primeiro premio dotado con 400 euros e un segundo concedido polo público. Os dous traballos premiados competirán na Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo polo premio á Mellor Curtamentraxe Galega.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.