Skip to main content

BioReDes aborda o influxo dos péptidos de gomesina na loita contra o melanoma

BioReDes aborda o influxo dos péptidos de gomesina na loita contra o melanoma
BioReDes aborda o influxo dos péptidos de gomesina na loita contra o melanoma
A aula 8 da Facultade de Veterinaria acolle o venres 22 de marzo, ás 13.00h, unha charla divulgativa a cargo da doutora María Iknomopoulou, quen traballa como investigadora independente no grupo de...
Lugo

A aula 8 da Facultade de Veterinaria acolle o venres 22 de marzo, ás 13.00h, unha charla divulgativa a cargo da doutora María Iknomopoulou, quen traballa como investigadora independente no grupo de Medicina Rexenerativa Hepática no Instituto IMDEA, na que abordará como os péptidos de gomesina actúan na loita contra o melanoma.

 

Iknomopoulou leva anos traballando no desenvolvemento de fármacos a partir de especies velenosas ("Venomics"), tanto en rexeneración hepática como na curación do cancro. Esta acción sitúase dentro do programa de formación e divulgación da Agrupación Estratéxica de Investigación do Campus Terra BioReDes. Preme neste enlace para obter máis información.   

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.