Skip to main content

Os III Premios ‘Enxeñaría e Muller Rural’ apostan pola empregabilidade feminina e a redución da sinistralidade viaria

Os III Premios ‘Enxeñaría e Muller Rural’ apostan pola empregabilidade feminina e a redución da sinistralidade viaria
Os III Premios ‘Enxeñaría e Muller Rural’ apostan pola empregabilidade feminina e a redución da sinistralidade viaria
Os III Premios a Traballos Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural distinguiron as propostas presentadas a este certame, promovido pola Comisión de Igualdade de Xénero da EPS de Enxeñaría do...
Lugo

Os III Premios a Traballos Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural distinguiron as propostas presentadas a este certame, promovido pola Comisión de Igualdade de Xénero da EPS de Enxeñaría do Campus Terra, pola graduada en Enxeñaría Civil Cristina Vila Paz e pola nova titulada en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria Gabriela del Valle Bugallo González.

 

O xurado acordou premiar a proposta dunha pasarela peonil sobre a Nacional 547 ao seu paso por O Pino (A Coruña), presentada por Cristina Vila Paz. Os integrantes do tribunal avaliador salientaron no seu fallo a incidencia social desta actuación, a través da que se pretende diminuír a sinistralidade nun punto do Camiño de Santiago onde os usos de peregrinos e vehículos a motor entran en conflito en máis dunha ocasión.

 

O proxecto dunha adega para a produción de 100.000 litros anuais de viño Albariño con D.O. Rías Baixas no parque empresarial de Mos (Pontevedra), presentado pola nova graduada en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria Gabriela del Valle Bugallo González, mereceu outro dos galardóns concedidos no marco deste certame. A aposta pola empregabilidade feminina no concello de Mos e na súa contorna, na que a maior parte dos traballos nas adegas están ocupados por mulleres foi un dos aspectos valorados polo xurado na emisión do seu fallo. As dúas estudantes da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra premiadas neste certame foron agasalladas cun diploma acreditativo e cadansúa gratificación en metálico de 200 euros

 

A cerimonia de entrega dos III Premios a TFG sobre Enxeñaría contou tamén coa participación da coordinadora do GDR Limia-Arnoia, a tamén enxeñeira formada na EPSE do campus lugués Eva González, quen ofreceu o relatorio ‘De nena a moza, case nunca enxeñeira’.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.