Skip to main content

O XV Curso de Primavera abre o seu prazo de inscrición ata o 9 de abril

O XV Curso de Primavera abre o seu prazo de inscrición ata o 9 de abril
O XV Curso de Primavera abre o seu prazo de inscrición ata o 9 de abril
‘Andar, camiñar, marchar’ é a temática que centrará a edición número XV do Curso de Primavera que a Facultade de Humanidades de Lugo acollerá entre os días 10 e 12 de abril e cuxo prazo de inscrición...
Lugo

‘Andar, camiñar, marchar’ é a temática que centrará a edición número XV do Curso de Primavera que a Facultade de Humanidades de Lugo acollerá entre os días 10 e 12 de abril e cuxo prazo de inscrición ábrese o 13 de marzo e finaliza un día antes do comezo das sesións.

 

O tema escollido para esta edición do Curso pretende abordar de xeito transversal e multidisciplinar o feito de andar e camiñar, de poñerse en movemento tanto as persoas coma os animais, e tanto en grupo como individualmente. Esta temática será analizada desde moi diversos puntos de vista: físico, sociolóxico, histórico, antropolóxico, relixioso, lúdico e mesmo imaxinario, sen que isto esgote os aspectos a debater. O propósito principal é que sexa unha iniciativa útil para toda a comunidade universitaria e para a sociedade lucense e galega en xeral, por medio dos relatorios, mesas redondas e actividades complementarias que a integran.

 

A partir da temática do Curso de Primavera, cada participante poderá presentar unha peza audiovisual que reflicta a súa interpretación creativa sobre esta cuestión. Entre as propostas recibidas, escolleranse as sete mellores, que serán proxectadas o 12 de abril ás 16.00h na Facultade de Humanidades; e posteriormente farase a entrega de premios á mellor linguaxe visual e o premio Isidro Novo á mellor linguaxe literaria. No primeiro dos galardóns, valoraranse os aspectos estéticos da obra referentes á imaxe, iluminación e dirección artística, así como a montaxe e edición visual de cada peza; mentres que no segundo, tomaranse en consideración os aspectos literarios da obra referentes ao guión e uso da linguaxe escrita ou oral. Ambos os dous premios están dotados, respectivamente, con 300 euros.

 

Consulta o programa completo do Curso de Primavera

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.