A Facultade de Veterinaria acolle este xoves 21 a conferencia ‘Optimizacion dos sistemas CRISPR-Cas e as súas aplicacións in vivo’
O investigador Dr. Miguel Moreno Mateos pronunciará este xoves 21, ás 13.00h, na sala de xuntas da Facultade de Veterinaria, o relatorio ‘Optimizacion dos sistemas CRISPR-Cas e as súas aplicacións in vivo’ no marco das actuacións de difusión científica que está a desenvolver a Agrupación Estratéxica do Campus Terra 'BioReDes', dirixida polo catedrático da USC Paulino Martínez.
Moreno Mateos abordará a metodoloxía de edición xenómica CRISPR-Cas e as súas aplicacións na investigación con organismos modelo, clínica e produción. Este investigador leva traballando nos últimos cinco años na Universidade de Yale neste eido e ten publicado traballos en revistas científicas de alto impacto coma Nature Methods.
Actualmente Moreno Mateos mantén aberta unha liña de colaboración coa Dra. Laura Sánchez do grupo ACUIGEN para a aplicación desta tecnoloxía no pez cebra. As posibilidades que ofrece esta metodoloxía para realizar modificacións xenéticas de forma precisa son enormes e en particular no ámbito da produción, saúde e seguridade alimentaria.