Skip to main content

Ciencias impulsa o certame audiovisual ‘O meu elemento’ para conmemorar o Ano Internacional do Sistema Periódico

Ciencias impulsa o certame audiovisual ‘O meu elemento’ para conmemorar o Ano Internacional do Sistema Periódico
Ciencias impulsa o certame audiovisual ‘O meu elemento’ para conmemorar o Ano Internacional do Sistema Periódico
A Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC vén de convocar o concurso de vídeos ‘O meu elemento’, en colaboración co grupo de innovación docente CienciaNOSA e o Servizo de Normalización...
Lugo

A Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC vén de convocar o concurso de vídeos ‘O meu elemento’, en colaboración co grupo de innovación docente CienciaNOSA e o Servizo de Normalización Lingüística da USC, no que cada participante ou grupo participante preparará un vídeo sobre un elemento químico en lingua galega, debendo envíalo ata o 24 de abril de 2019, inclusive, ao enderezo electrónico fcdeca [at] usc.es (fcdeca[at]usc[dot]es) ou ao enderezo físico que aparece nas bases do certame.

 

O ano 2019 foi declarado polas Nacións Unidas como o Ano Internacional do Sistema Periódico para conmemorar os 150 anos da publicación por Dimitri Mendeleev da súa táboa periódica dos elementos químicos. Co gallo desta conmemoración nace o certame ‘O meu elemento’ no que pode tomar parte alumnado de ESO e de 1º e 2º de bacharelato dos centros de educación secundaria e CPI de Galicia, en grupos cun máximo de tres estudantes coordinados por un docente (Categoría A); así como membros da comunidade universitaria do Sistema Universitario Galego, de maneira individual ou en grupos de, como máximo, tres integrantes (Categoría B).

 

Para a Categoría A outorgarase un primeiro premio de 300 euros, un segundo premio de 150 euros e un terceiro premio de 100 euros; mentres que para a Categoría B concederase un primeiro premio de 500 euros, un segundo de 200 e un terceiro de 100 euros. O xurado encargado da concesión destes premios estará integrado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias, un membro da Xunta Directiva de ENCIGA e un representante do Servizo de Normalización Lingüística da USC.

 

Descarga o formulario para participar

Consulta as bases completas do certame

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.