Skip to main content

A xestión cultural, a debate no Campus Terra da USC

A xestión cultural, a debate no Campus Terra da USC
A xestión cultural, a debate no Campus Terra da USC
O adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata, presidiu o acto inaugural do encontro ‘A xestión cultural a...
Lugo

O adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata, presidiu o acto inaugural do encontro ‘A xestión cultural a debate’ celebrado na Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC ao longo desta semana e no que docentes das Universidades de Córdoba, Huelva e Girona puideron dar a coñecer a súa perspectiva verbo da situación actual da xestión cultural.

 

 

Xunto a Varela Zapata, tomaron parte no acto inaugural a decana do centro María Isabel González Rey, a alcaldesa de Lugo Lara Méndez, a deputada provincial Pilar García Porto, así como un dos coordinadores do evento e vicedecano da Facultade Gonzalo Francisco Fernández Suárez, dando paso, a continuación, ao relatorio inaugural do director honorífico da Cátedra Unesco, Alfons Martinell, quen abordou a aparición e a necesidade dos graos en xestión cultural.

 

 

Máis dun centenar de asistentes, entre PDI e PAS da USC, profesionais do eido da cultura e público en xeral, afondaron en diversos aspectos relacionados coas titulacións deste eido: as súas relacións cos ámbitos humanísticos clásicos, as novas necesidades formativas dos seus docentes, os seus espazos propios de investigación, as características específicas dos seus Traballos Fin de Grao, os procesos de fomento da empregabilidade dos egresados, etc.

 

 

O encontro, coordinado polo vicedecano da Facultade de Humanidades Gonzalo Francisco Fernández Suárez, e pola coordinadora do Máster en Servizos Culturais da USC, Carme Silva, completouse cun monográfico en deseño e organización de eventos.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.