Skip to main content

O Cactus do Campus Terra acolle a xornada EIT Food Games sobre bolsas, mobilidade e emprendemento

O Cactus do Campus Terra acolle a xornada EIT Food Games sobre bolsas, mobilidade e emprendemento
O Cactus do Campus Terra acolle a xornada EIT Food Games sobre bolsas, mobilidade e emprendemento
O edificio Cactus do Campus Terra acolle o vindeiro venres 14 de decembro, a partir das 9.30h, a xornada EIT Food Games dirixida a estudantes e doutorandos de calquera especialidade a fin de que...
Lugo

O edificio Cactus do Campus Terra acolle o vindeiro venres 14 de decembro, a partir das 9.30h, a xornada EIT Food Games dirixida a estudantes e doutorandos de calquera especialidade a fin de que obteñan información no tocante a bolsas, programas de mobilidade e á adquisición de recursos para start ups que podan serlles de utilidade no seu futuro profesional.

 

Os e as asistentes, poderán coñecer de primeira man a experiencia de persoas que xa lanzaron unha spin off e que tomarán parte nun workshop con Angulas Aguinaga para dar solucións a problemas actuais da industria agroalimentaria.

 

EIT Food é a Comunidade Europea de Coñecemento e Innovación, parte do EIT, creada para transformar o noso ecosistema alimentario. Ao conectar aos consumidores con empresas, start ups, investigadores e estudantes de toda Europa, EIT Food apoia iniciativas innovadoras e economicamente sustentables que melloran a nosa saúde, o noso acceso a alimentos de calidade e o noso medio ambiente.

 

Consulta o programa completo da xornada

 

Inscríbete na xornada

The contents of this page were updated on 02.25.2022.