Skip to main content

Formación do Profesorado educa en feminino

Formación do Profesorado educa en feminino
Formación do Profesorado educa en feminino
A Facultade de Formación do Profesorado acolle este venres 7 de decembro, ás 13.00h, no seu vestíbulo secundario, a inauguración da II exposición ‘Educación en feminino: un paseo pola historia’,...
Lugo

A Facultade de Formación do Profesorado acolle este venres 7 de decembro, ás 13.00h, no seu vestíbulo secundario, a inauguración da II exposición ‘Educación en feminino: un paseo pola historia’, configurada por 24 posters de educadoras ou grupos de educadoras, do pasado e do presente e de todas as xeografías, malia que con notable presenza de galegas e españolas, elixidas e preparadas polo alumnado da materia ‘Teoría e Historia da Educación Escolar’ impartida no primeiro curso do Grao en Mestre ou Mestra de Educación Primaria polo profesor Francisco Xosé Candia Durán.

 

A exposición permanecerá aberta a calquera persoa que se achegue á Facultade de Formación do Profesorado, ata o 14 de xaneiro e nela poderán afondar na vida de figuras tan notables como Hipatia de Alexandría, Juana de Vega, Concepción Arenal, María Barbeito ou Josefina Aldecoa, entre outras moitas mulleres que marcaron un antes e un despois na historia.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.