Skip to main content

O programa Argos amplía o seu prazo de inscrición ata o 5 de decembro

O programa Argos amplía o seu prazo de inscrición ata o 5 de decembro
O programa Argos amplía o seu prazo de inscrición ata o 5 de decembro
Traballo en equipo e ‘aprender facendo’ son as claves do Programa Argos da USC, que mantén aberta ata o 5 de decembro a inscrición para alumnado (posgrao, máster, doutoramento ou últimos anos de...
Lugo

Traballo en equipo e ‘aprender facendo’ son as claves do Programa Argos da USC, que mantén aberta ata o 5 de decembro a inscrición para alumnado (posgrao, máster, doutoramento ou últimos anos de grao), titulados/as das últimas promocións e persoal ou colaboradores integrados en grupos de investigación.

 

Argos susténtase en tres ideas: a complementariedade de perfís persoais e profesionais no equipo; a presenza dunha persoa con coñecementos de xestión empresarial; e o acceso á carteira de resultados de investigación da USC e ideas procedentes de empresas da contorna de Santiago e de Lugo que poderán ser a base do seu plan de empresa. O seu obxectivo é conformar equipos interdisciplinares aos que se lles facilitará acompañamento e asesoramento no proceso de definición dunha idea de negocio ademais de avaliar a súa capacidade para chegar a constituír un proxecto empresarial convincente.

 

O programa comeza con entrevistas aos participantes, seguido da constitución dos equipos multidisciplinares con 4 ou 5 integrantes que, finalmente, desenvolverán un plan de empresa titorizado por persoal de Argos para presentalo ante un xurado. Haberá tamén unha sesión de adestramento en exterior (outdoor training) e de traballo en equipo.

 

Premios

Ao remate do programa os plans entregados poderán optar a algunhas das dúas categorías de premios establecidas e dotadas con 3.000 euros cada unha (Argos Spin para proxectos baseados en resultados de investigación da USC, e Argos Enxeño para os xurdidos de ideas propias de participantes ou empresas do contorno de Santiago e Lugo) e seis meses de acceso gratuíto a espazos de incubación.

 

A inscrición pode facerse cumprimentando o formulario dispoñible en http://www.uninova.org/ ou en http://www.usc.es/es/investigacion/avte/emprendedores/argos.html, que deberá remitirse por correo electrónico a argos [at] usc.es (argos[at]usc[dot]es).  As persoas interesadas poden acadar máis información no teléfono 982.822.854 /881.815.593.

 

Argos é unha iniciativa conxunta da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) e da incubadora de empresas Uninova, xunto coa colaboración das facultades de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago e de Administración e Dirección de Empresas de Lugo.

 

Bases do programa

 

Folleto do programa

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.