Skip to main content

A I Xornada da Mocidade Investigadora en Acuicultura amplía o seu prazo de inscrición ata o 26 de novembro

A I Xornada da Mocidade Investigadora en Acuicultura amplía o seu prazo de inscrición ata o 26 de novembro
A I Xornada da Mocidade Investigadora en Acuicultura amplía o seu prazo de inscrición ata o 26 de novembro
A rede de Inmunoxenómica de Enfermidades de Peixes e Moluscos, formada por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e do Centro de Investigacións Mariñas de Corón, organiza a I...
Lugo

A rede de Inmunoxenómica de Enfermidades de Peixes e Moluscos, formada por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e do Centro de Investigacións Mariñas de Corón, organiza a I Xornada da Mocidade Investigadora en Acuicultura que terá lugar na Facultade de Veterinaria o vindeiro 29 de novembro e cuxo prazo de inscrición ampliouse ata o 26 de novembro.

 

O obxectivo desta xornada é a reunión de investigadores predoutorais ou posdoutorais que traballen en temas relacionados coa acuicultura, a fin de que presenten e discutan os resultados das súas investigacións neste campo. A mellor presentación e o mellor póster serán premiados cun agasallo por parte dos organizadores.

 

A conferencia inaugural da xornada correrá a cargo de Paul André Van Damme baixo o título “Desenvolvemento sustentable da pesca e acuicultura na Amazonia boliviana: retos e ameazas”. Formaliza a túa inscrición premendo nesta ligazón.

 

Outro ámbito de actividade da rede é o da formación e a divulgación, coa organización de workshops, reunións científicas e a organización de cursos abertos ao mundo académico, industrial e administrativo.  O día 30 de novembro, tamén na Facultade de Veterinaria, terá lugar o obradoiro: Necropsia e toma de mostras en peixes. A esta formación impartida por profesores e investigadores do Departamento de Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias-Grupo de  investigación de Anatomía Patolóxica Veterinaria (Gapavet), poderán asistir ata 20 persoas, aínda que terán preferencia os inscritos na Xornada da Mocidade, sendo de carácter gratuíto para os asistentes. Máis información sobre o obradoiro nesta ligazón.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.