Skip to main content

A catedrática da USC Rosa Mosquera aborda en DivulgaTerra o papel do pastoreo na prevención de incendios forestais

A catedrática da USC Rosa Mosquera aborda en DivulgaTerra o papel do pastoreo na prevención de incendios forestais
A catedrática da USC Rosa Mosquera aborda en DivulgaTerra o papel do pastoreo na prevención de incendios forestais
A Casa do Saber acollerá este xoves 22 de novembro, a partir das 19.00h, a segunda sesión de DivulgaTerra, o evento a través do cal se pretende promover o uso do galego como idioma de divulgación...
Lugo

A Casa do Saber acollerá este xoves 22 de novembro, a partir das 19.00h, a segunda sesión de DivulgaTerra, o evento a través do cal se pretende promover o uso do galego como idioma de divulgación científica, e que nesta ocasión acollerá un relatorio da catedrática da USC Rosa Mosquera sobre o papel do pastoreo no monte na prevención dos incendios forestais.

 

Ademais de Mosquera, nesta segunda sesión de DivulgaTerra tamén tomará parte Ignacio García Rodríguez, quen centrará a súa intervención en como vai afectar o cambio climático aos carballos. A continuación, Mónica Ruy afondará na modelaxe biomecánica das árbores; e Paula Rodríguez Villamayor tentará responder á cuestión ‘Que é iso da comunicación química?’. Julio A. Seijas Vázquez pronunciará o relatorio ‘Microondas: quentando desde dentro’; mentres que Xesús Feás Sánchez e María Amparo Ferreira Golpe falarán da vespa velutina, nas súas respectivas intervencións.

 

 

O DivulgaTerra celebrará a súa derradeira sesión desta terceira edición o xoves 29, ás 19.00h, na Casa do Saber. Nesta ocasión, as Artes, Humanidades e Ciencias Sociais serán as protagonistas dun evento no que a entrada é libre e de balde ata completar aforo, e no que a profesora da Facultade de Humanidades Ana Goy, aportará unha visión do Pórtico da Gloria despois da restauración. 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.