Skip to main content

A Estación Científica do Courel acolle o 10 de novembro ás 10.30h a mesa redonda 'Elba, unha pastora galega do Courel-Ancares, hai 10000 anos'

A Estación Científica do Courel acolle o 10 de novembro ás 10.30h a mesa redonda 'Elba, unha pastora galega do Courel-Ancares, hai 10000 anos'
A Estación Científica do Courel acolle o 10 de novembro ás 10.30h a mesa redonda 'Elba, unha pastora galega do Courel-Ancares, hai 10000 anos'
'Elba, unha pastora galega do Courel-Ancares, hai 10000 anos' é o título da mesa redonda que acollerá a Estación Científica do Courel o vindeiro 10 de novembro ás 10.30h e na que intervirán o forense...
Lugo

'Elba, unha pastora galega do Courel-Ancares, hai 10000 anos' é o título da mesa redonda que acollerá a Estación Científica do Courel o vindeiro 10 de novembro ás 10.30h e na que intervirán o forense Fernando Serrulla Rech, a artista forense Margarita Sanín, o espeléologo Marcos Vaqueiro Rodríguez, a especialista en ADN e Bioloxía Molecular Gloria González Fortes, a paleontóloga Aurora Grandal d'Anglade, e o xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní.

 

O Instituto Universitario de Xeoloxía leva máis de 30 anos estudando o rexistro fósil do final do Cuaternario en Galicia. Non foi até decembro de 1997 durante unha exploración espeleolóxica, cando se produciu o achado casual dos primeiros restos de humanos fósiles na zona de Courel-Ancares. O nome que se deu a este descubrimento, Elba, significa en celta 'a que vén da alta montaña'. A investigación finalizou en 2016 e foi un proceso longo e custoso, implicando a varias institucións galegas e a sete especialistas.

 

A Estación Cientiífica de Seoane do Courel presenta o vindeiro 10 de novembro, ante os veciños de Elba, ao equipo que traballou nesta investigación, 9300 anos despois da desaparición desta habitante da zona de Courel-Ancares.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.