Skip to main content

O Servizo de Deportes abre o prazo de inscrición para “II Carreira Popular Campus Terra Leyma” ata o 28 de novembro

O Servizo de Deportes abre o prazo de inscrición para “II Carreira Popular Campus Terra Leyma” ata o 28 de novembro
O Servizo de Deportes abre o prazo de inscrición para “II Carreira Popular Campus Terra Leyma” ata o 28 de novembro
O Campus Terra da USC, a través do seu Servizo de Deportes, quere promocionar a actividade deportiva entre a cidadanía, así como o propio campus de Lugo, promovendo a “II Carreira Popular Campus...
Lugo

O Campus Terra da USC, a través do seu Servizo de Deportes, quere promocionar a actividade deportiva entre a cidadanía, así como o propio campus de Lugo, promovendo a “II Carreira Popular Campus Terra Leyma” que terá lugar na cidade luguesa o vindeiro 2 de decembro e cuxo período de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro mércores día 28 de novembro ás 23:59 horas a través desta ligazón.  

 

As probas, cuxa inscrición para adultos ten un custe de 5€, estarán abertas a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Estas son as categorías participantes:

 

CATEGORÍA

ANO NACEMENTO

DISTANCIA

HORARIO

Pitufos

2013 en adiante

150 m

11.30 h

Promoción

2010-2012

400 m

11.35 h

Escolares 1

2006-2009

800 m

11.40 h

Escolares 2

2002-2005

1630 m

11.50 h

SENIOR

2001- até os 34 anos

7400 m

12.00 h

MÁSTER A

Dende os 35 até os 44

7400 m

12.00 h

MÁSTER B

Dende os 45 até os 54

7400 m

12.00 h

MÁSTER C

Dende os 55 e anteriores

7400 m

12.00 h

 

Os e as participantes recibirán unha camiseta técnica que deben levar posta o día da proba, tal e como se explicou no acto de presentación da carreira que tivo lugar este luns na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo e no que estivo presente a vicerreitora Montserrat Valcárcel, así como o responsable de Deportes no Campus Terra, Jesús Castro López.

 

 

A organización outorgará un trofeo para os tres primeiros de cada categoría e sexo e a  entrega  de  premios  realizarase  no  Estadio  Gregorio  Pérez  Rivera; ademais haberá unha clasificación individual universitaria con premios para as 3 mellores mulleres e homes, tendo consideración universitaria o alumnado, o Persoal de Administración e Servizos, así como o Persoal Docente e Investigador.

 

Obxectivos

A intención desta carreira é a de dar a coñecer e implicar á cidadanía co Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, a USC pretende inculcar hábitos saudables entre os membros da comunidade universitaria e o resto dos cidadáns de Galicia.

 

Esta carreira aspira a converterse nun espazo de encontro entre as seis universidades do noroeste da Península Ibérica, dado que participan membros da comunidade universitaria das tres universidades galegas (Coruña, Vigo e Santiago de Compostela), e das tres universidades do norte de Portugal (Minho, Porto e Tras os Montes e Alto Douro). Estas seis universidades teñen unha relación deportiva dende hai máis de trinta anos xa que celebran anualmente os Xogos Galaico-Durienses.

 

Ao mesmo tempo, a “II Carreira Popular Campus Terra Leyma” alberga un carácter solidario, ao corresponderse coa “V Carreira Universitaria contra a Droga”, xa que un euro de cada un dos participantes na proba de adultos, irá destinado á Fundación Galega contra o Narcotráfico.

 

 

Esta actividade é posible grazas ao patrocinio de “Grupo Leche Río, S.A.”, empresa fortemente vinculada co mundo agro-gandeiro, e á colaboración de Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo, Xunta de Galicia, Empresa Torvar, El Progreso, Federación Galega de Atletismo, Fundación Galega contra o Narcotráfico e Coca Cola.

 

Na primeira edición da Carreira Campus Terra acadouse unha inscrición de 325 atletas só na proba de adultos. Consulta nesta ligazón as bases completas da “II Carreira Popular Campus Terra Leyma”.

The contents of this page were updated on 11.07.2022.