Skip to main content

A primeira das sesións das ‘V Xornadas XuvenCiencia para Profesorado’ bota a andar este venres 19 de outubro baixo o lema ‘Fago, logo aprendo’

A primeira das sesións das ‘V Xornadas XuvenCiencia para Profesorado’ bota a andar este venres 19 de outubro baixo o lema ‘Fago, logo aprendo’
A primeira das sesións das ‘V Xornadas XuvenCiencia para Profesorado’ bota a andar este venres 19 de outubro baixo o lema ‘Fago, logo aprendo’
As facultades de Humanidades, Veterinaria, Ciencias e Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC acollen este venres 19 de outubro a primeira das sesións das V Xornadas...
Lugo

As facultades de Humanidades, Veterinaria, Ciencias e Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC acollen este venres 19 de outubro a primeira das sesións das V Xornadas XuvenCiencia para Profesorado, nas que os máis de cincuenta inscritos/as recibirán formación na práctica investigadora que lles permita aprender a manexar kits educativos que despois poderán empregar nas súas clases.

 

A recepción dos participantes realizarase na Facultade de Administración e Dirección de Empresas a partir das 17.00h, aínda que logo os e as asistentes repartiranse por outros centros do Campus Terra dependendo do tipo de kits nos que decidan formarse.

 

 

Ademais desta sesión inicial, o profesorado de Ensino Medio recibirá formación en outras tres sesións que terán lugar os venres 26 de outubro, 18 de xaneiro e 22 de marzo en horario de 17.00 a 21.00h

 

Os e as inscritos/as proceden de centros situados nas localidades de A Guarda, Baralla, Becerreá, Burela, Cambre, Carballo, Ferrol, Guntín, Lalín, Lugo, Monforte de Lemos, O Porriño, Oleiros, Ortigueira, Ponteareas, Pontevedra, Quiroga, Rábade, Redondela, Salvaterra do Miño, Santiago de Compostela, Vigo, e Vilagarcía de Arousa. De todos eles, preto do 90% proceden de centros públicos.

 

 

As V Xornadas XuvenCiencia para profesorado son parte do Proxecto “XuvenCiencia - Fago, logo aprendo” que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades (FECYT). Este proxecto ten como obxectivo fundamental achegar a metodoloxía e a práctica investigadora ao alumnado de secundaria e bacharelato a través de kits de experimentación desenvolvidos por investigadores da universidade e baixo a tutorización do profesorado de ensino medio, que conta co apoio do profesorado universitario.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.