Skip to main content

O prazo para inscribirse na I Xornada Mocidade Investigadora en Acuicultura remata o 15 de outubro

O prazo para inscribirse na I Xornada Mocidade Investigadora en Acuicultura remata o 15 de outubro
O prazo para inscribirse na I Xornada Mocidade Investigadora en Acuicultura remata o 15 de outubro
A rede de Inmunoxenómica de Enfermidades de Peixes e Moluscos, formada por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e do Centro de Investigacións Mariñas de Corón, organiza a I...
Lugo

A rede de Inmunoxenómica de Enfermidades de Peixes e Moluscos, formada por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e do Centro de Investigacións Mariñas de Corón, organiza a I Xornada da Mocidade Investigadora en Acuicultura que terá lugar na Facultade de Veterinaria o vindeiro 29 de novembro e cuxo prazo de inscrición remata o 15 de outubro.

 

O obxectivo desta xornada é a reunión de investigadores predoutorais ou posdoutorais que traballen en temas relacionados coa acuicultura, a fin de que presenten e discutan os resultados das súas investigacións neste campo. A mellor presentación e o mellor póster serán premiados cun agasallo por parte dos organizadores.

 

A conferencia inaugural da xornada correrá a cargo de Paul André Van Damme baixo o título “Desenvolvemento sustentable da pesca e acuicultura na Amazonia boliviana: retos e ameazas”. Formaliza a túa inscrición premendo neste enlace.

 

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.