Skip to main content

XuvenCiencia e a oferta docente do Campus Terra, protagonistas no foro de clausura do proxecto europeo LandCare na USC

XuvenCiencia y la oferta docente del Campus Terra, protagonistas en el foro de clausura del proyecto europeo LandCare en la USC
XuvenCiencia y la oferta docente del Campus Terra, protagonistas en el foro de clausura del proyecto europeo LandCare en la USC
‘A educación para o coidado da terra’ reúne ata o 18 de xullo na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela arredor dun centenar de investigadores, educadores e estudantes...
Lugo

A educación para o coidado da terra’ reúne ata o 18 de xullo na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela arredor dun centenar de investigadores, educadores e estudantes procedentes de Grecia, Italia, España e Portugal, que reflexionarán neste foro de clausura do programa Erasmus+ LandCare Degradación e restauración da terra en ambientes Mediterráneos, sobre iniciativas e medidas para mellorar as capacidades educativas en relación á conservación ambiental e á recuperación dos terreos degradados.

 

 

No marco deste foro, o Grupo de Innovación Docente da USC no Campus Terra XuvenCiencia goza dun espazo expositor no que exhiben a súa actividade, entre a que destaca, a organización do campus científico de verán que cada ano se vén celebrando en Lugo e que na súa recente sexta edición acadou a mellor preinscrición da súa historia, así como a organización de xornadas específicas para formar a profesorado e crear vínculos e sinerxías entre os distintos actores da educación preuniversitaria e universitaria implicados na divulgación de coñecementos científico-técnicos. Ademais, dende este stand, a organización de XuvenCiencia distribúe, entre as persoas interesadas, o díptico oficial coa oferta docente do Campus Terra.

 

O profesor na EPS de Enxeñaría do Campus Terra e coordinador na USC do proxecto europeo LandCare, Agustín Merino, figura entre os organizadores desta asemblea final cun programa centrado na educación para o coidado da Terra.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.