Skip to main content

O Campus Terra da USC e a UDC ofrecen 50 prazas no grao en Paisaxe, o primeiro na universidade pública en España

El Campus Terra de la USC y la UDC ofrecen 50 plazas en el grado en Paisaje, el primero en la universidad pública en España
El Campus Terra de la USC y la UDC ofrecen 50 plazas en el grado en Paisaje, el primero en la universidad pública en España
A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, presidiu este venres, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra, a presentación do...
Lugo

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, presidiu este venres, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra, a presentación do grao en Paisaxe, no marco dun concorrido acto no que tamén interviron a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio,  Beatriz Mato; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; os directores da EPS de Enxeñaría da USC e da ETSA da UDC, Tomás Cuesta e Fernando Agrasar, respectivamente, e as coordinadoras académicas deste novo título de grao na USC e na UDC, as profesoras Isabel Iglesias e Cristina García Fontán, respectivamente.

 

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC ofrece un total de 50 prazas de nova matrícula no primeiro curso do grao en Paisaxe, un título singular no Sistema Universitario Español e de carácter interuniversitario, que comezará a impartirse o vindeiro curso académico 2018-2019 na EPS de Enxeñaría da USC, que será sede dos dous primeiros cursos dun grao, cuxo alumnado deberá completar os dous últimos anos de formación na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.

 

 

O grao en Paisaxe, unha titulación coordinada na USC pola profesora Isabel Iglesias “constitúe unha formación multidisciplinar xa que se apoia nas Ciencias Naturais, nas Artes e nas Humanidades, na Enxeñaría e na Arquitectura. Os profesionais do Grao en Paisaxe teñen como misión a creación, a conservación, a restauración de paisaxes, de lugares, no mundo urbano, no medio rural, e no medio forestal. Crean paisaxes belos, sostibles e adecuados para uso humano e que tamén proporcionen beneficios económicos”.

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, destacou que o grao en Paisaxe é o primeiro interuniversitario de Galicia, así como o primeiro do sistema universitario público español.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.