Skip to main content

O catedrático de Dereito Financeiro e Tributario Antonio López Díaz tomou posesión como reitor da Universidade de Santiago

El catedrático de Derecho Financiero y Tributario Antonio López Díaz tomó posesión como rector de la Universidad de Santiago
El catedrático de Derecho Financiero y Tributario Antonio López Díaz tomó posesión como rector de la Universidad de Santiago
O catedrático de Dereito Financeiro e Tributario Antonio López Díaz tomou posesión como reitor da USC nun acto protocolario que presidiu en Fonseca o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación...
Lugo

O catedrático de Dereito Financeiro e Tributario Antonio López Díaz tomou posesión como reitor da USC nun acto protocolario que presidiu en Fonseca o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González.

 

Antonio López comezaba o seu discurso falando da USC como “unha universidade fortemente enraizada e comprometida cos problemas da nosa sociedade, da galega, pero con vocación universal, e comprometida tamén cun coñecemento que non sabe de fronteiras, que se constrúe e se renova en comunidade” nun momento “de grandes transformacións”. Pero tamén advertía de tres elementos que na USC configuran “un ámbito de incertezas cara ao futuro inmediato” e que son o “escenario financeiro, a perda de persoal e unha autonomía cuestionada”.

 

Campus Terra

No acto, tamén tomou posesión do seu cargo a nova vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, así como a nova vicerreitora de Organización Académica, Celia Besteiro. A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, é profesora titular no Departamento de Enxeñaría Agroforestal na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría en Lugo. Dende hai tres anos e medio, é secretaria académica e encargada dos Asuntos Económicos e as Infraestruturas da EPS de Enxeñaría. A súa actividade investigadora está centrada na xestión da auga con dúas teses dirixidas e máis de 50 artigos publicados.

 

María Celia Besteiro Rodríguez, vicerreitora de Organización Académica, é profesora titular de Zooloxía na USC. Autora de cerca dun cento de libros, capítulos e artigos científicos e de divulgación no campo da Bioloxía Mariña, prestou especial atención ao estudo da fauna intersticial do noso litoral. Na USC foi secretaria do Departamento de Zooloxía, vicedecana de Asuntos Económicos, Equipamento e Servizos e secretaria da Facultade de Veterinaria, ademais de vicerreitora adxunta de Infraestruturas e Servizos para o Campus de Lugo. Na actualidade é subdirectora da Estación de Bioloxía Mariña da Graña.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.