A práctica xurídica a través da linguaxe centra un curso de verán da USC na Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus Terra
A Universidade de Verán 2018 ofrece do 18 ao 22 de xuño na Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus Terra da USC un curso no que abordará A práctica xurídica a través da linguaxe. A matrícula neste programa formativo, estruturado en 25 horas lectivas e aberto á participación de todas as persoas interesadas pola temática, pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 8 de xuño.
O obxectivo do curso estival da USC dirixido pola profesora da USC Mercedes Montes Rodríguez e do que actúa como secretaria María Gómez Barreiro, é achegar os alumnos a unha base conceptual xurídica que lles permita desenvolver actividades e accións formalizadas e axustadas á lexislación vixente.
O alumnado que formalice a súa matrícula neste programa da Universidade de Verán 2018 da USC terá a oportunidade de traballar en afondar en contidos relacionados coa prevención de riscos laborais, presentación de proxectos públicos, oposicións, concursos públicos, solicitudes e convocatorias, actuación pericial, litixios de diferente natureza xurídica, redacción de escritos formais, comunicación con entes públicos, actuación xudicial, manexo da lexislación, procura na xurisprudencia, procesos formalizados, protocolos e pautas de actuación e termos lexislativos.