Uns 100 estudantes de secundaria participan este martes na XI Olimpíada de Tecnoloxía na EPS de Enxeñaría do Campus Terra
A XI Olimpíada de Tecnoloxía, unha cita promovida pola Asociación Educativa Tecnogalia, citará este martes, a partir das 11.00 horas, na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, arredor duns 100 estudantes de secundaria procedentes dos CPI de Cervantes, CPI de Castroverde, CPI San Tomé de Carballo, de Trabada; CPI Seoane do Courel, IES Gregorio Fernández, de Sarria; IES Pedregal de Irimia, de Meira, e IES Leiras Pulpeiro, de Lugo.
As distintas actividades e probas programadas no marco desta xornada desenvolveranse en quenda de mañá, mentres que os organizadores da cita aproveitarán o horario de tarde para proceder á entrega de premios, ademais de para favorecer a asistencia do alumnado preuniversitario ás distintas actividades organizadas co gallo desta cita por profesorado da EPS de Enxeñaría da USC.