Skip to main content

Campus Terra e Colexio de Agrónomos entregaron os Premios Fin de Carreira San Cidre 2018

Campus Terra y Colegio de Agrónomos entregaron los Premios Fin de Carrera San Cidre 2018
Campus Terra y Colegio de Agrónomos entregaron los Premios Fin de Carrera San Cidre 2018
O Campus Terra da USC e o Colexio Oficial de Agrónomos de Galicia celebraron este martes no auditorio da Casa do Saber de Lugo o acto de entrega dos Premios de Fin Carreira 2018, uns galardóns que...
Lugo

O Campus Terra da USC e o Colexio Oficial de Agrónomos de Galicia celebraron este martes no auditorio da Casa do Saber de Lugo o acto de entrega dos Premios de Fin Carreira 2018, uns galardóns que recaeron nesta edición nos proxectos presentados por Alexandre Duarte Marcelino Castro, que acadou o primeiro premio e unha gratificación en metálico de 1.000 euros, María López de la Calle e Pedro Vidal, distinguidos co segundo e terceiro premio respectivamente.

 

A temática destes proxectos de fin de carreira é diversa. Así as propostas abranguen desde o deseño dunha piscifactoría destinada á produción de tilapa do Nilo, proposta que resultou gañadora do primeiro premio; ao estudo da aptitude tecnolóxica do arroz para o seu emprego en produtos de base non láctea, ou unha planta frigorífica para amorear mexillón conxelado.

 

O vicerreitor de  Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, foi o encargado de dar a benvida a todos os asistentes a este acto de entrega de premios, unha celebración na que tamén participou o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos, Pedro Calaza, ademais da alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez.

 

A directora do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Inés Santé, ofreceu nesta sesión un relatorio no que explicou o cometido do ente que dirixe. Asemade, o decano do Colexio Oficial de Enxeñerios Agrónomos de Galicia tamén falou sobre os obxectivos da enxeñería agronómica no desenvolvemento sustentable, segundo a ONU. A cerimonia de entrega dos Premios de Fin de Carreira San Cidre tamén contou coa asistencia de profesorado da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, así como do seu director, o tamén profesor Tomás Cuesta García.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.