Skip to main content

A música como recurso curricular en educación infantil e primaria, a debate na Universidade de Verán da USC no Campus Terra

La música como recurso curricular en educación infantil y primaria, a debate en la Universidad de Verano de la USC en el Campus Terra
La música como recurso curricular en educación infantil y primaria, a debate en la Universidad de Verano de la USC en el Campus Terra
As profesoras da USC no Campus Terra Ángeles López de la Calle Sampedro e Mª Carmen Sarceda Gorgoso organizan o curso de verán ‘A música como recurso curricular en educación infantil e primaria’ a...
Lugo

As profesoras da USC no Campus Terra Ángeles López de la Calle Sampedro e Mª Carmen Sarceda Gorgoso organizan o curso de verán ‘A música como recurso curricular en educación infantil e primaria’ a través do que se pretende dar pé a un cambio na visión da música no ensino, ofrecendo aos futuros mestres e mestras ocasión de experimentar e reflexionar sobre como a música pode contribuír ao desenvolvemento formativo discente dende a súa consideración como recurso ao servizo da aprendizaxe nas distintas áreas curriculares.

 

Esta acción formativa que se levará a cabo entre os días 11 e 14 de xuño na Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra, abrirase cun obradoiro sobre a unión das actividades musicais coa narración e o drama. Outras das temáticas abordadas ao longo de diferentes talleres serán o movemento como instrumento para aprender matemáticas ou dinámicas de expresión corporal a través da música, entre outros.

 

As persoas interesadas en inscribirse neste curso poden facelo ata o 1 de xuño neste enderezo web.

 

Podes descargar aquí o programa completo do curso.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.