Skip to main content

O profesor da Universidade de Cartago Ramzi Mansour finaliza a súa estadía no Campus Terra da USC

El profesor de la Universidad de Cartago Ramzi Mansour finaliza su estancia en el Campus Terra de la USC
El profesor de la Universidad de Cartago Ramzi Mansour finaliza su estancia en el Campus Terra de la USC
O profesor e investigador da Universidade tunesina de Cartago Ramzi Mansour acaba de finalizar a súa estadía de investigación no departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola...
Lugo

O profesor e investigador da Universidade tunesina de Cartago Ramzi Mansour acaba de finalizar a súa estadía de investigación no departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, no marco do Programa Erasmus+KA107, cunha visita a viñedos da Ribeira Sacra, O Ribeiro e as Rías Baixas.

 

Durante a súa estadía, Mansour impartiu distintos obradoiros na EPSE nos que se abordaron as pragas de insectos prestando especial atención ao seu impacto económico, así como ao caso particular das pragas que afectan ás viñas en Tunisia.

 

Mansour  amosou o seu interese polo proxecto Erasmus + PAThOGEN no que participa o Campus Terra da USC xunto a Italia e Francia. Malia que este proxecto céntrase no coñecemento de enfermidades causadas polo virus na vide, alcanza algúns dos temas no que Mansour é especialista, tales como os vectores dalgúns virus, cochinillas algodonosas, as cales son unha perigosa praga emerxente nas zonas vitícolas do sur de Galicia e na maioría de países vitícolas de todo o mundo. O doutor Mansour posúe unha longa experiencia sobre eses insectos e o seu control.

 

Mansour fará difusión da oferta formativa que compón o proxecto PAThOGEN entre os seus alumnos/as de grao e mestrado na Universidade de Cartago. PATHOGEN é un programa formativo novo e innovador que combina sesións de e-learning e de campo que permiten mellorar o coñecemento e a xestión dos virus da vide.

 

No marco deste proxecto, o Campus Terra da USC acollerá dous cursos de formación continua: ‘Curso básico en xestión de enfermedades inducidas por virus e enfermidades afíns da vide’ e ‘Curso de perfeccionamento en xestión de enfermidades inducidas por virus e enfermidades afíns da vide’, cunha sesión adicional sobre fitoplasmas e bacterias sistémicas (Xylella fastidiosa, enfermidade de Pierce). A preinscrición poderá realizarse ao longo do mes de xullo a través do enderezo electrónico cristina.cabaleiro [at] usc.es (cristina[dot]cabaleiro[at]usc[dot]es), a matrícula realizarase en agosto e os cursos comezarán no mes de setembro.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.