Skip to main content

Humanidades do Campus Terra acolle o obradoiro inaugural do Congreso sobre as Tecnoloxías e Recursos para a Xestión e Socialización do Patrimonio

Humanidades del Campus Terra acoge el taller inaugural del Congreso sobre las Tecnologías y Recursos para la Gestión y Socialización del Patrimonio
Humanidades del Campus Terra acoge el taller inaugural del Congreso sobre las Tecnologías y Recursos para la Gestión y Socialización del Patrimonio
O obradoiro ‘Certificacións Sociais do Patrimonio. Novos modelos de protección e apropiación simbólica’, impartido por Árbore Arqueoloxía, entidade que traballa na xestión integral do patrimonio,...
Lugo

O obradoiro ‘Certificacións Sociais do Patrimonio. Novos modelos de protección e apropiación simbólica’, impartido por Árbore Arqueoloxía, entidade que traballa na xestión integral do patrimonio, abriu este venres 11 de maio, na Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC, o Congreso sobre as Tecnoloxías e Recursos  para a Xestión e Socialización do Patrimonio, impulsado polo Concello de Lugo.

 

Ao longo de tres días, o Campus Terra da USC e o Vello Cárcere de Lugo acollen esta iniciativa que nace para producir unha reflexión sobre as novas tecnoloxías como ferramenta para as humanidades servindo de acta das transformacións do sector a nivel local, nacional e internacional.

 

As máis de cincuenta persoas inscritas poderán ata o vindeiro domingo 13 de maio asistir aos distintos debates e obradoiros que integran un congreso gratuíto pensado para profesionais, estudantes e para todas aquelas persoas que teñan interese polo patrimonio cultural. Como encontro profesional e científico, a través do apoio da Facultade de Humanidades, a asistencia ás tres xornadas do programa permite a obtención dun crédito ECTS.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.