Skip to main content

O Campus Terra da USC mantén aberta a preinscrición para o máster en Produción de Leite ata o 12 de xullo

El Campus Terra de la USC mantiene abierta la preinscripción para el máster en Producción de Leche hasta el 12 de julio
El Campus Terra de la USC mantiene abierta la preinscripción para el máster en Producción de Leche hasta el 12 de julio
O Máster en Produción de Leite, título propio do Campus Terra da USC e cuxa docencia se imparte na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do...
Lugo

O Máster en Produción de Leite, título propio do Campus Terra da USC e cuxa docencia se imparte na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL), mantén aberto o seu prazo de preinscrición ata o vindeiro 12 de xullo no seu enderezo web.  

 

Este máster conforma unha resposta formativa á demanda de especialización das explotacións gandeiras e como principal novidade, no ano académico 2018-2019, oferta dous cursos básicos, dotados con dúas prazas cada un, centrados na alimentación na produción do leite e na economía da explotación do leite, respectivamente. Estes dous módulos formativos poden cursarse de xeito independente, sen necesidade de cursar o resto de módulos do máster, como cursos de formación continua.

 

Este título propio do Campus Terra da USC alberga un  enfoque  fundamentalmente  práctico  e  aplicado  que aborda os aspectos  fundamentais dende o punto de vista da produción. Os contidos están agrupados en seis  módulos nos  cales  se tratan aspectos de  sanidade  animal,  reprodución  e xenética,  calidade do  leite,  benestar  animal  e  instalacións,  produción  de  forraxes,  alimentación,  economía  e  xestión.

 

Os titulados co Máster en Produción de Leite poderán cubrir a demanda de expertos en  servizos técnicos especializados e de asesoría que demandan as explotacións gandeiras, as cooperativas agrarias, a industria, as institucións e empresas de servizos.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.