Skip to main content

USC, El progreso e Abanca convocan a IV edición do Premio IdeaLugo

USC, El progreso y Abanca convocan la IV edición del Premio IdeaLugo
USC, El progreso y Abanca convocan la IV edición del Premio IdeaLugo
Un ano máis, e xa van catro, o xornal lucense El Progreso convoca en colaboración con Abanca e a propia USC o certame IdeaLugo destinado a identificar, recoñecer e impulsar proxectos innovadores e...
Lugo

Un ano máis, e xa van catro, o xornal lucense El Progreso convoca en colaboración con Abanca e a propia USC o certame IdeaLugo destinado a identificar, recoñecer e impulsar proxectos innovadores e emprendedores no Campus Terra.

 

Os estudantes ou titulados da USC en Lugo que teñan deseñado un proxecto empresarial innovador, en fase embrionaria ou de aceleración, dispoñen de prazo ata o 2 de novembro para presentar a súa candidatura a través deste formulario e de enviar a documentación que se indica nas bases do certame.

 

Cada participante matriculado ou titulado en calquera das ensinanzas do campus durante o curso 2017-2018 ou os dous inmediatamente anteriores poderá presentar o número de proxectos que desexe, optando a un primeiro premio de 3000 euros, e a dous accésits de 1000 euros cada un por proxecto.

 

O 17 de novembro daranse a coñecer os nomes de finalistas e gañadores.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.