Skip to main content

O campionato D3Mobile do Campus Terra da USC, convidado a participar na III Conferencia Scientix sobre ensinanza das ciencias

 El campeonato D3Mobile del Campus Terra de la USC, invitado a participar en la III Conferencia Scientix sobre enseñanza de las ciencias
El campeonato D3Mobile del Campus Terra de la USC, invitado a participar en la III Conferencia Scientix sobre enseñanza de las ciencias
O campionato mundial de modelado 3D de precisión con móbil ‘D3Mobile Metrology World League’, un certame promovido polo Grupo Integrado de Enxeñaría Civil e Xeomática (Giceo) da Escola Politécnica...
Lugo

O campionato mundial de modelado 3D de precisión con móbil ‘D3Mobile Metrology World League’, un certame promovido polo Grupo Integrado de Enxeñaría Civil e Xeomática (Giceo) da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC e a través do que se busca potenciar as vocacións científicas en estudantes de ensinanzas medias de todo o mundo, estará presente esta fin de semana en Bruxelas no marco da III Conferencia Científica, un dos maiores foros do mundo sobre ensinanza das ciencias, promovido por Scientix, unha iniciativa de European Schoolnet, a rede de 31 Ministerios Europeos de Educación financiada polo VII Programa Marco da Unión Europea.

 

A profesora, investigadora e coordinadora do grupo Giceo da USC, Mariluz Gil Docampo, presentará este sábado 5 de maio as características, obxectivos, dificultades, vantaxes e resultados dunha iniciativa pioneira como é o D3Mobile Metrology World League. A intervención de Gil Docampo, quen repite a súa presencia neste evento networking sobre educación científica en Europa, desenvolverase no marco da xornada dedicada a tecnoloxías e aprendizaxe co móbil.

 

Esta nova edición da Conferencia Scientix agarda a asistencia duns 350 profesores, técnicos, investigadores e responsables de proxectos científicos diversos, un amplo elenco de participantes que fai que este foro estea a converterse nun dos maiores eventos networking sobre educación científica en Europa.

 

O investigador do grupo Giceo da USC e director do proxecto D3mobile, Juan Ortiz Sanz, salientou que e a presenza neste tipo de eventos científicos internacionais como a Conferencia Scientix constitúe unha oportunidade para aprender máis sobre os diferentes proxectos de educación científica existentes actualmente en Europa. A posibilidade de establecer relación coas persoas que están detrás deste tipo de proxectos e o feito de compartir experiencias, coñecemento e vivencias con eles son outras das vantaxes que reporta a presenza nestes eventos de networking científico, engadiu.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.