Skip to main content

O investigador da Universidade tunesina de Cartago Ramzi Mansour impartirá dous obradoiros na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría os días 7 e 8 de maio

El investigador de la Universidad tunecina de Cartago Ramzi Mansour impartirá dos talleres en la Escuela Politécnica Superior de Ingeniería los días 7 y 8 de mayo
El investigador de la Universidad tunecina de Cartago Ramzi Mansour impartirá dos talleres en la Escuela Politécnica Superior de Ingeniería los días 7 y 8 de mayo
A sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC acolle os vindeiros 7 e 8 de maio, dous obradoiros impartidos polo investigador da Universidade tunesina de...
Lugo

A sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC acolle os vindeiros 7 e 8 de maio, dous obradoiros impartidos polo investigador da Universidade tunesina de Cartago, Ramzi Mansour, nos que se abordarán as pragas de insectos prestando especial atención ao seu impacto económico, así como ao caso particular das pragas que afectan ás viñas en Tunisia.

 

O 7 de maio, a partir das 10.00h, Mansour, quen se atopa realizando unha estadía de investigación no departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da EPSE no marco do Programa Erasmus+KA107, analizará pragas de insectos claves a nivel económico que afectan a plantas en todo o mundo.

 

O 8 de maio, a partir das 13.00h, Ramzi Mansour impartirá un segundo obradoiro no que se centrará no seu país de procedencia, ao realizar un repaso aos distintos estudos que se teñen formulado no tocante ás pragas que afectan ás viñas en Túnez.   

The contents of this page were updated on 02.25.2022.