Skip to main content

O Campus Terra da USC bota a andar o 3 de maio os 10Sonscreativos

El Campus Terra de la USC echa a andar el 3 de mayo los '10Sonscreativos'
El Campus Terra de la USC echa a andar el 3 de mayo los '10Sonscreativos'
A décima edición do programa ‘Sons Creativos’, unha plataforma para a difusión e creación sonora, ofrecerá os días 4 e 5 de maio nas instalacións do centro de convivencia cívica Uxío Novoneyra de...
Lugo

A décima edición do programa ‘Sons Creativos’, unha plataforma para a difusión e creación sonora, ofrecerá os días 4 e 5 de maio nas instalacións do centro de convivencia cívica Uxío Novoneyra de Lugo dous obradoiros de improvisación e exploración sonora, ademais dun seminario impartido por Inmaculada Cárdenas sobre improvisación musical, xénese e desenvolvemento dunha obra.

 

Os ‘10Sonscreativos’, un programa organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural e impulsado desde os seus comezos polo Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS), constitúe unha decidida aposta por difundir e achegar ao público dúas formas de creación sonora pouco habituais: a improvisación musical e a exploración sonora.

 

O baixista compostelán Xacobe Martínez Antelo abrirá o 4 de maio a programación dos ‘10Sonscreativos’ co taller ‘A improvisación é a solución’, un obradoiro destinado a persoas interesadas na práctica da improvisación de diferentes ámbitos artísticos. A actividade formativa guiada por este integrante do Grupo Chévere terá continuidade o sábado 5 de maio, en quenda de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, e rematará o domingo cunha improvisación colectiva.

 

O segundo dos obradoiros incluídos nesta edición de ‘10Sonscreativos’ tamén se desenvolverá os días 4 e 5 de maio no centro municipal Uxío Novoneyra de Lugo e será impartido por Mónica Álvarez, integrante do GCSUS desde a súa fundación en 1996. A voz e a exploración sonora serán os elementos cos que se traballará ao longo deste taller, que rematará tamén o domingo 6 de maio cunha improvisación colectiva.

 

O seminario ‘A improvisación musical, xénese e desenvolvemento dunha obra’, impartido por Inmaculada Cárdenas, desenvolverase o 5 de maio, en quenda de tarde, no centro municipal Uxío Novoneyra de Lugo. Trátase dunha actividade formativa aberta á participación de todo o público interesado.

 

Aberta a inscrición no programa de obradoiros complementarios

O Campus Terra da USC mantén aberto ata o 2 de maio o prazo de inscrición nos obradoiros programados no marco dos ‘10Sonscreativos’. As persoas interesadas poden formalizar a súa matrícula na Oficina de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación de Lugo. As prazas son limitadas. Tamén se pode acadar máis información a través do número de teléfono 982 821 513.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.