Caxade presenta este xoves na luguesa Praza de Santa María o álbum ‘E isto é o amor’ no marco do Lubicán 2018
Caxade, o proxecto persoal de Alonso Caxade, presentará este xoves 26 de abril, a partir das 21.00 horas, na luguesa Praza de Santa María, o seu último traballo ‘E isto é o amor’. O concerto que...
Lugo
Caxade, o proxecto persoal de Alonso Caxade, presentará este xoves 26 de abril, a partir das 21.00 horas, na luguesa Praza de Santa María, o seu último traballo ‘E isto é o amor’. O concerto que ofrecerá este banda de folk-pop, cuxa sonoridade achega un arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa, encádrase dentro do ciclo Lubicán 2018, unha programación a prol dos novos artistas galegos e en galego, organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.