Skip to main content

O III Findecurta recibe 12 propostas audiovisuais que proxectará nunha sesión pública o día 27 de abril na Praza de Santa María

El III Findecurta recibe 12 propuestas audiovisuales que proyectará en una sesión pública el día 27 de abril en la Plaza de Santa María
El III Findecurta recibe 12 propuestas audiovisuales que proyectará en una sesión pública el día 27 de abril en la Plaza de Santa María
A terceira edición do certame audiovisual Findecurta, unha iniciativa programada ao abeiro do convenio Lugo Cultural e que busca servir de impulso a novos creadores audiovisuais, recibiu un total de...
Lugo

A terceira edición do certame audiovisual Findecurta, unha iniciativa programada ao abeiro do convenio Lugo Cultural e que busca servir de impulso a novos creadores audiovisuais, recibiu un total de 12 propostas audiovisuais inéditas, en cuxa realización e rodaxe participaron máis de 100 persoas. Nesta edición, o certame Findecurta agasalla con 500 euros a proposta gañadora, ao tempo que garante ás dúas candidaturas máis valoradas a proxección dos seus traballos audiovisuais na 40º Semana de Cine de Autor de Lugo, na que poderán competir polos premios á mellor curtametraxe galega.

 

Unha vez completada a recepción de curtas, o xurado encargado de fallar este certame a prol do audiovisual galego, no que, entre outros membros estarán presentes Andrés Goteira e Elena Seijo, dará a coñecer o seu fallo o vindeiro 27 de abril, logo da sesión de proxección pública das propostas programada na luguesa Praza de Santa María que se desenvolverá a partir das 22.30 horas. No caso de choiva, a sesión de visionado das creacións audiovisuais do III Findecurta mudaría de sede ao salón de actos do Pazo de San Marcos. O fallo do xurado primará a creatividade e a calidade técnica das curtas, así como o cumprimento de todos os criterios fixados na convocatoria.

 

A banda da Loba

O grupo de música galega A banda da Loba, integrado por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo, será o encargado de animar esta velada cinematográfica. A banda da Loba, unha formación musical singular que ofrece un estilo musical heteroxéneo e singular a través da mestura de pop, blues, folk, rock e sons tradicionais ofrecerá un concerto aberto na Praza da Santa María antes de comezar a proxección cinematográfica que servirá de colofón ao III Findecurta.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.