Un coloquio sobre a incorporación á actividade agraria pecha o ciclo ‘O mundo rural a debate’ no Campus Terra da USC
Un coloquio sobre as vantaxes e oportunidades que ofrece a incorporación á actividade agraria pecha este mércores, a partir das 16.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, o ciclo ‘Mundo rural a debate’, un foro que nesta ocasión se desenvolve baixo o lema ‘Aterra!: O teu futuro no agro’.
Esta nova sesión de debate, organizada polo grupo de innovación docente Ruralia, que agroma profesores e investigadores da USC das áreas de Economía, Socioloxía, Política Agraria, Historia Contemporánea e Ecoloxía, en colaboración coa Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, abordará o potencial que teñen as unidades de produción agraria para constituírse como unha saída profesional a ter en conta no futuro para o alumnado formado no Campus Terra da USC.
Os produtores Ermitas Rodríguez Gómez, titular de La Cabreta e socia da empresa Beealia, de Meira, que comercializa cordeiro e cabrito atlántico, e Marcos Vázquez, de Casa Vázquez de Láncara, produtor de bovino de carne e mazá de sidra certificadas, son os relatores convidados a participar neste foro, no que presentarán aos asistentes dous modelos empresariais de éxito relacionados coa produción agraria.